SATSE en Ourense denuncia a situación dos profesionais de enfermería da clínica da dor do Hospital

23 mayo 2018

O Sindicato de Enfermería SATSE, denuncia que tanto o exceso de traballo para as dúas enfermeiras coma a escaseza  de medios informáticos fan imposible unha asistencia ca calidade necesaria.

Dende o Sindicato de Enfermería de Ourense, denunciamos públicamente a situación, as veces insostible, do persoal de enfermaría que desenrola a súa actividade na Clínica da Dor, no Hospital de Ourense.

Os citados profesionais, realizan a atención xunto cos médicos que alí consultan , unha media de 800 doentes ao mes, nos que moitos son atendidos únicamente polas enfermeiras para técnicas e revisións propias de estes profesionais sanitarios.

A atención da súa propia demanda xunto cos atencións en colaboración cos médicos, resulta as veces de xornadas onde as presas e ritmo de traballo son incompatibles cuns correctos niveis de calidade.

Recordemos que esta consulta atende a gran número de doentes Ourensanos aqueixados de patoloxías que cursan con mal control da dor, e que para elo, se realizan técnicas de distinto tipo para alivialo, ademais dos tratamentos farmacolóxicos máis clásicos.

As enfermeiras realizan multitude de técnicas , unhas en colaboración co médico o outras de xeito autónomo , moitas veces no quirófanillo anexo as consultas ou na mesmas consultas, e que esixe estrictos protocolos de asepsia e de vixiancia de sistemas de infusión, bombas de administración internas, electrodos, estimulacións transcutáneas , etc...

A todo isto , súmase a escaseza de medios informáticos onde quede rexistrada a actividade das enfermeiras, xa que na actualidade , os obrigados rexistros na Historia clínica son electrónicos, e en multitude de ocasións, os ordenadores están a ser utilizados polos médicos e as enfermeiras non poden rexistrar os seus coidados , polo que xera retrasos e descoordinación no ritmo das consultas, ademais da clara falta de calidade e seguridade no rexistro da atención realizada.

Dende SATSE xa denunciamos tal situación ante a Dirección e a Xerencia, pero polo momento non observamos se correxiran as deficiencias observadas, que sobretodo, ademais de  esixir  que melloren as condicións de traballo dos profesionais e facer a súa actividade de modo máis seguro, serán os doentes os principais beneficiados das melloras en canto a persoal de enfermaría. 

Dende SATSE Ourense, queremos recordar ademais que se traballa para potenciar o rol autónomo das enfermeiras , coma neste caso, non soamente nas consultas, senón noutros ámbitos coma Hospitalización e Atención Primaria para que o Sistema Sanitario de unha resposta máis axil os cada vez máis abundantes e complexos problemas de saúde da poboación.